Monologuistas

Traballamos coas grandes cómicas e cómicos deste país.
Os nomes que desde hai décadas levan os mellores monólogos polos escenarios de todos os lugares de Galicia.

Retrato de Oswaldo Digón

Oswaldo Digón

Actor e cómico, como monologuista destaca o seu humor teatral e a súa capacidade para escenificar os detalles das súas historias. É tamén profesor de improvisación, presentador e guionista de teatro e televisión.

Retrato de Marita Martínez

Marita Martínez

Cunha ampla traxectoria na escena teatral, esta actriz e monologuista é unha das raíñas da improvisación en Galicia, participando en diversos shows de Improscenia e fundando o dúo cómico Izquierdo Sisters.

Retrato de Lucía Veiga

Lucía Veiga

Actriz e monologuista, tamén é presentadora de televisión, converténdose nunha das caras máis coñecidas da TVG con Malicia Noticias. A nivel nacional triunfa coa serie Rapa. Destaca a súa faceta na improvisación coas Izquierdo Sisters.

Retrato de Carmen Méndez

Carmen Méndez

Formada en interpretación, voz e violín, conta cunha ampla traxectoria como actriz en teatro, cine e televisión, onde foi unha das caras máis coñecidas da serie Pazo de Familia. Agora complementa a súa faceta como actriz somerxéndose no mundo dos monólogos cómicos.

Retrato de Pepe Suevos

Pepo Suevos

É un dos humoristas con máis quilómetros feitos por Galicia, con actuacións en directo sobre todo tipo de escenarios: galas, auditorios, bares… Ademais de monologuista, Pepo Suevos tamén é actor de televisión e cine.

Retrato de Isi

Isi

O seu instinto cómico permaneceu oculto no ámbito doméstico ata que gañou o concurso televisivo de O Rei da Comedia. Co seu falar rápido e nervioso, converteuse nun monologuista indispensable, dos que converte momentos cotiáns en anécdotas para escachar de risa.

Retrato de David Perdomo

David Perdomo

Humor, sátira, ironía e rock and roll son os sinais de identidade deste monologuista cun irreverente e particular xeito de facer comedia. Ademais da de cómico, outras facetas de David Perdomo son as de músico e presentador de televisión.

Javier Veiga nunha actuación

Javier Veiga

Actor, director, guionista e un dos monologuistas máis recoñecidos do país. Foi o primeiro presentador de El Club de la Comedia e dende entón non deixou de actuar en teatro, televisión e cine, mantendo sempre a súa faceta como humorista

Portada » Artistas » Monologuistas