Programa de man
Sinopse
Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares. Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. O mapa dun continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.
Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que alumea un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.
Próximas datas
Elenco

Melania Cruz

Vadim Yukhnevich
Equipo
- Texto
Marianella Morena - Dramaturxia e dirección
Tito Asorey - Actriz
Melania Cruz - Músico en escena
Vadim Yukhnevich - Produción executiva
Xosé A. Touriñán, Tito Asorey e Melania Cruz - Dirección de produción
Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra - Produción
Laura Canto e Carlos Abal - Escenografía
José Faro “Coti” - Iluminación
Laura Iturralde - Videoproxeccións
Laura Iturralde e Miriam Rodríguez - Vestiario
Laura Baena - Deseños previos vestiario
Yaiza Pinillos - Espazo sonoro e música orixinal
Vadim Yukhnevich - Voces en off
César Goldi e Tito Asorey - Imaxe gráfica
Lidia Cao - Comunicación
Saúl Rivas - Páxina web
Pilar Mera - Fotografía
Aigi Boga - Vídeo
Jairo Iglesias - Técnico
Xacobo Castro - Produción en xira
Laura Sixto - Administración
Elisa Martínez e Sofía García
Recomendacións

David Perdomo e Xosé A. Touriñán en directo
Próximas datas

Un monólogo de Xosé A. Touriñán
Próximas datas
Fálase de Continente María
O amplo rexistro interpretativo de Melania Cruz habitando a súa paisana María Casares é verdadeiramente antolóxico. Tito Asorey soubo extraer o mellor da gran actriz que leva dentro Melania co contrapunto de Vadim Yukhnevich, que transporta a Melania por un montón de estadios emocionais que a actriz vive e transmite con forza e verdade imparables ao patio de butacas.
José-Miguel Vila – Diario Crítico (12-06-2023)
“O traballo de Melania Cruz é espectacular. Rendida á comunicación co espírito da Casares, ofrece tal despregue de talentos que, sen pretender emulala fisicamente, fai que apareza María Casares diante de nós.”
Iván Fernández – Erregueté (12-11-2022)
“Melania (…) transmite-nos verdade. ‘Verdade’ é a palabra. E isto, por desgraça, non é nada habitual de achar no teatro. A diversidade de emoçons transmitida polos seus gestos faciais e corporais é percebida a cada instante polo público, até diría eu que como umha declaraçom de amor.”
Dieh QS – Erregueté (Nº103 1/2022)
“A peza —texto de Marianella Morena, dirección de Tito Asorey— está chea de momentos emocionantes, cunha protagonista capaz de transitar por multitude de rexistros con facilidade asombrosa, entregada ao espectador dun xeito cada vez máis sorprendente, en reviravolta continua cara ás profundidades humanas.”
Diego Ameixeiras – Fugas (03-06-2022)
“Melania Cruz fai de María Casares sen deixar de ser Melania, ‘Continente María’ emociona. Sen dúbida será un dos grandes espectáculos deste ano.”
Ernesto Is – ZigZag Diario (01-06-2022)
“Continente María pareceume unha declaración de amor ao teatro. Unha celebración do que, quizais, a vida ten de máis meritorio e urxente: a acción, a capacidade de decidir, a superación dos medos, a liberdade precisa para decidir e actuar. Nisto Melania Cruz brilla rutilante.”
Afonso Becerra – Artezblai (23-05-2022)
Compárteo!
Este proxecto de Ainé forma parte do Plan Estratéxico ‘FIAR’, e conta con financiamento de
