Programa de man

Sinopse

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares. Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. O mapa dun continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que alumea un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.

Próximas datas

    Elenco

    Melania Cruz

    Vadim Yukhnevich

    Equipo

    • Texto
      Marianella Morena
    • Dramaturxia e dirección
      Tito Asorey
    • Actriz
      Melania Cruz
    • Músico en escena
      Vadim Yukhnevich
    • Produción executiva
      Xosé A. Touriñán, Tito Asorey e Melania Cruz
    • Dirección de produción
      Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra
    • Produción
      Laura Canto e Carlos Abal
    • Escenografía
      José Faro “Coti”
    • Iluminación
      Laura Iturralde
    • Videoproxeccións
      Laura Iturralde e Miriam Rodríguez
    • Vestiario
      Laura Baena
    • Deseños previos vestiario
      Yaiza Pinillos
    • Espazo sonoro e música orixinal
      Vadim Yukhnevich
    • Voces en off
      César Goldi e Tito Asorey
    • Imaxe gráfica
      Lidia Cao
    • Comunicación
      Saúl Rivas
    • Páxina web
      Pilar Mera
    • Fotografía
      Aigi Boga
    • Vídeo
      Jairo Iglesias
    • Técnico
      Xacobo Castro
    • Produción en xira
      Laura Sixto
    • Administración
      Elisa Martínez e Sofía García

    Recomendacións

    CORENTENA· GAME OVER
    David Perdomo e Xosé A. Touriñán en directo

    Próximas datas

      AQUÍ TOU!
      Un monólogo de Xosé A. Touriñán

      Próximas datas

        Fálase de Continente María

        O amplo rexistro interpretativo de Melania Cruz habitando a súa paisana María Casares é verdadeiramente antolóxico. Tito Asorey soubo extraer o mellor da gran actriz que leva dentro Melania co contrapunto de Vadim Yukhnevich, que transporta a Melania por un montón de estadios emocionais que a actriz vive e transmite con forza e verdade imparables ao patio de butacas.

        José-Miguel Vila – Diario Crítico (12-06-2023)

        “O traballo de Melania Cruz é espectacular. Rendida á comunicación co espírito da Casares, ofrece tal despregue de talentos que, sen pretender emulala fisicamente, fai que apareza María Casares diante de nós.”

        Iván Fernández – Erregueté (12-11-2022)

        “Melania (…) transmite-nos verdade. ‘Verdade’ é a palabra. E isto, por desgraça, non é nada habitual de achar no teatro. A diversidade de emoçons transmitida polos seus gestos faciais e corporais é percebida a cada instante polo público, até diría eu que como umha declaraçom de amor.”

        Dieh QS – Erregueté (Nº103 1/2022)

        “A peza —texto de Marianella Morena, dirección de Tito Asorey— está chea de momentos emocionantes, cunha protagonista capaz de transitar por multitude de rexistros con facilidade asombrosa, entregada ao espectador dun xeito cada vez máis sorprendente, en reviravolta continua cara ás profundidades humanas.”

        Diego Ameixeiras – Fugas (03-06-2022)

        “Melania Cruz fai de María Casares sen deixar de ser Melania, ‘Continente María’ emociona. Sen dúbida será un dos grandes espectáculos deste ano.”

        Ernesto Is – ZigZag Diario (01-06-2022)

        “Continente María pareceume unha declaración de amor ao teatro. Unha celebración do que, quizais, a vida ten de máis meritorio e urxente: a acción, a capacidade de decidir, a superación dos medos, a liberdade precisa para decidir e actuar. Nisto Melania Cruz brilla rutilante.”

        Afonso Becerra – Artezblai (23-05-2022)

        Este proxecto de Ainé forma parte do Plan Estratéxico ‘FIAR’, e conta con financiamento de