Fotomontaxe de Touriñán berrando coma un animal

Programa de man

Sinopse

Somos animais. Aínda que ás veces nos empeñemos en disimulalo.

En MOI ANIMAL, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos aos animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, MOI ANIMAL é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é MOI ANIMAL.

Próximas datas

    • 16 Out
    • Cee
    • 17 Out – 18 Out
    • Pontevedra
    • 23 Out
    • Vilalba
    • 30 Out
    • Ourense
    • 7 Nov
    • O Grove
    • 8 Nov
    • Vigo
    • 27 Nov
    • Lugo
    • 28 Nov
    • Burela
    • 29 Nov
    • Santiago de Compostela
    • 4 Dec – 5 Dec
    • Narón
    • 11 Dec – 12 Dec
    • Vilagarcía de Arousa
    • 26 Dec
    • A Coruña

Elenco

Xosé A. Touriñán

Equipo

  • Texto Orixinal
    José L. Prieto, Xosé A. Touriñán e JJ Vaquero
  • Elenco
    Xosé A. Touriñán
  • Deseño de iluminación
    Gonzalo Porteiro
  • Técnica en xira
    Gonzalo Porteiro, Iván Álvarez
  • Deseño de escenografía
    Banale
  • Produción executiva
    Xosé A. Touriñán, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
  • Dirección de produción
    Laura Canto
  • Produción en xira
    Miguel Vázquez e Alba Gilda
  • Fotografía
    Aigi Boga
  • Vídeo
    Einibó
  • Deseño gráfico
    Noa Fernández
  • Comunicación
    Ana Mariño
  • Equipo Ainé
    Elisa Martínez, Icía López, Pablo Goirigolzarri

Recomendacións

TERRITORIO REGUEIFA
Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira

Próximas datas

    • 9 Out
    • Val do Dubra
    • 6 Nov
    • Barakaldo
    • 19 Nov
    • Ames

Compárteo!

Unha produción de

Co patrocinio de

Logotipo de Deleite