Programa de man

Sinopse

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram.

Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Próximas datas

    • 18 Mai
    • Pontevedra
    • 26 Mai
    • Santiago de Compostela
    • 7 Xuñ
    • Ourense
    • 8 Xuñ
    • Lugo

Elenco

Xosé A. Touriñán

DAVID PERDOMO

Equipo

  • Textos
    Xosé A. Touriñán e David Perdomo
  • Dirección de produción
    Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra
  • Xefa de produción
    Laura Canto
  • Produción en xira
    Laura Sixto, Miguel Vázquez e Martín Espantoso
  • Distribución
    Carlos Abal
  • Imaxe gráfica
    Laura Mahía
  • Web
    Pilar Mera
  • Arte
    Tania Villaga
  • Comunicación
    Saúl Rivas
  • Fotografía
    Aigi Boga
  • Vídeo
    Jairo Iglesias
  • Administración
    Elisa Martínez e Sofía García
  • Técnicos
    Gonzalo Porteiro e CEGA

Enquisa

Cando remate a función, cubre esta enquisa para axudarnos a mellorar e consigue un 20% de desconto no noso próximo espectáculo!

Recomendacións

CÓDICE K
Unha comedia sobre o roubo do Códice Calixtino

Próximas datas

    AQUÍ TOU!
    Un monólogo de Xosé A. Touriñán

    Próximas datas

      • 10 Mai
      • Ferrol
      • 1 Xuñ
      • Ribadeo