Xa está dispoñible a revista ‘Táboas’ en versión web

Despois de publicar dous números en papel, a revista ‘Táboas’ lanza a súa versión web con novos contidos. Xa podes consultalos en taboas.gal e subscribirte á newsletter para recibir no correo información sobre as artes escénicas en Galicia

A revista Táboas ten como obxectivo achegar as artes escénicas feitas en Galicia ao público. Este medio especializado e en galego nacía a finais do pasado 2021 en papel. Agora, tras dous números en soporte físico, a revista tamén lanza a versión web.

En taboas.gal podes atopar novos contidos como unha entrevista a Lucía Veiga, que estrea este mes de marzo a peza Códice K; crónicas de Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro e de Shakespeare en Roma, do Centro Dramático Galego. Na web tamén te podes subscribir á newsletter para recibir cada mes contidos inéditos sobre o teatro e a cultura galegos.

Ademais, podes seguir a revista nas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.

Entrada anterior
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán inician en Vigo a segunda xira de ‘Somos Criminais 3’
Artigo seguinte
‘Continente María’ visitará os festivais de teatro de Manizales e Medellín

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Xa está dispoñible a revista ‘Táboas’ en versión web