No verán de 2021, coa recuperación da normalidade máis preto, pero con todas as incertezas aínda presentes, as produtoras de espectáculos de comedia galegas Condetrespés, Ainé e Etiqueta Negra uníronse nun proxecto inédito: Comicamente.
As mellores cómicas e cómicos de Galicia xuntos para levar o bo humor por todo o país. Había moito que rir logo dun ano tan complicado!
Comicamente foi parte dunha oferta cultural que axudara a galegas e galegos a mellorar a súa calidade de vida a través do humor.