Neste monólogo, o cómico fai un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital. A xira fará parada en sete vilas galegas e as entradas están á venda en aquitou.gal
O humorista Xosé A. Touriñán volve saír de xira co monólogo Aquí Tou!, unha peza moi persoal na que, a través do humor, convida ao público a facer con el un percorrido polos momentos vitais.
A xira de Aquí Tou! chegará a sete vilas galegas nos meses de abril, maio e xuño: O Grove, Burela, Noia, Ponteareas, Cangas, Lalín e Catoira. Poden consultarse todas as datas e mercar as entradas en aquitou.gal.
En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que inclúe a serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser que hoxe é.