Termos e condicións xerais de contratación

1. Quen somos

A venda de artigos a través desta páxina web é realizada por AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. sociedade española con domicilio en R. Enrique Mariñas Romero, 32G, 2º, 15009 A Coruña, rexistrada no Rexistro Mercantil de A Coruña Tomo 3536, Folio 175, Sección 8, Folla 52041, I, e NIF B70433032 con teléfono 881946972 e correo electrónico tenda@aine.gal.

O ámbito territorial é nacional e internacional.

2. Uso do noso sitio web

Ao facer uso do noso sitio web, comprométeste a:

  • Unicamente realizar consultas ou pedidos legalmente válidos.
  • Non realizar pedidos falsos ou fraudulentos. En caso de sospeita razoable de que se poida estar a producir un pedido destas características, procederemos á súa anulación e informaremos as autoridades pertinentes.
  • Ao realizar un pedido, declara ser maior de 18 anos e ter capacidade legar para contratar. Non está permitido utilizar datos de terceiras persoas ou de menores de idade.

A persoa usuaria declara que todos os datos persoais facilitados son íntegros, actuais, veraces e exactos.

3. Datos recolleitos a través do noso sitio web

A información ou datos persoais que nos facilites serán tratados conforme o establecido nas Políticas de Privacidade e Cookies. Ao facer uso deste sitio web, consentes o tratamento da devandita información e datos e declara que todos os datos facilitados son veraces e correspóndense coa realidade.

Para a venda de entradas online, serás redirixido/a a unha plataforma de venda online. O Responsable dos datos é AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. e a plataforma de venda online é encargado do tratamento dos datos (art. 28 RXPD).

4. Proceso de compra na tenda online

  • PAGO CON TARXETA Para realizar un pedido, deberás seguir o procedemento de compra online, introducindo os seus datos e marcando a casa “Lin e estou de acordo coa Política de devolucións da tenda de Ainé“, facer clic en “Realizar o pedido“. Tras isto, recibirá un correo electrónico acusando recibo do seu pedido (a “Confirmación de Pedido”). Así mesmo, informarémosche mediante email de que o produto está a ser enviado (a “Confirmación de Envío“).
  • As comunicacións, ordes de compra e pagos durante as transaccións efectuadas connosco poderían ser arquivadas e conservadas por AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. co fin de constituír un medio de proba das transaccións, respectando en todo caso as condicións razoables de seguridade e as leis e normativas vixentes que a este respecto sexan de aplicación, e particularmente atendendo ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e aos dereitos que asisten ás persoas usuarias conforme á Política de Privacidade deste Sitio web.

5. Dispoñiblidade

Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se se producisen dificultades en canto á subministración de produtos ou se non quedan artigos en stock, reembolsarémosche calquera cantidade abonada previamente.

6. Formas de pagamento

A forma de pagamento que podes utilizar na tenda online é:

  • PAGO CON TARXETA. A través da nosa pasarela segura de Cecabank poderase pagar mediante tarxeta de crédito. Ao finalizar o proceso de compra, serás redirixido a unha páxina segura de Cecabank para proceder ao pago.
  • O pedido non será enviado ata que non se confirme a operación. No caso de que pasadas 48 horas non se reciba o importe da mesma, a compra será cancelada.

Nas plataformas externas de venda online de entradas as forma de pagamento serán as dispoñibles nas devanditas plataformas.

7. Seguridade nas transaccións

AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. garante que os datos inseridos nesta páxina web viaxan nunha conexión segura, encriptada e protexida segundo protocolo (SSL) para garantir as medidas de seguridade nas transaccións que se produzan na internet.

Nas plataformas externas de venda online de entradas os provedores teñen a obriga de cumprir con todas as obrigas en materia de seguridade dos datos persoais segundo o contrato subscrito en calidade de encargado de Tratamento (art. 28 RXPD).

8. Prezos e impostos

Os prezos dos produtos da tenda online desta páxina web inclúen IVE e custos de envío, que se engadirán ao importe total no momento de engadir ao carriño.

Os prezos das entradas de espectáculos en plataformas externas de venda online de entradas, inclúen IVE e gastos de xestión, que se engadirá ao importe total no momento de engadir ao carriño.

Os prezos son obxecto de modificación por parte de AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. en calquera momento, pero nunca afectarán aos pedidos ou compras realizadas, é dicir, a aqueles que xa dispoñan dunha Confirmación de Pedido (xustificante de compra).

9. Imposto sobre o valor engadido e facturación

De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, a entrega dos artigos entenderase localizada no territorio de aplicación do IVE español se a dirección de entrega está en territorio español salvo Canarias, Ceuta e Melilla. O tipo de IVE aplicable será o legalmente vixente en cada momento en función do artigo concreto de que se trate.

Nos pedidos con destino a Canarias, Ceuta e Melilla, as entregas atoparanse exentas de IVE por aplicación do disposto no artigo 21 de Lei 37/1992, sen prexuízo da aplicación dos impostos e aranceis correspondentes conforme á normativa vixente en cada un destes territorios. Autorízasnos expresamente a emitir a factura en soporte electrónico, aínda que poderás indicarnos en calquera momento a túa vontade de recibir unha factura en soporte papel. Poderás solicitalo contactando co noso servizo de atención ao cliente, a través de calquera dos medios postos á túa disposición e de maneira gratuíta.

10. Custos de envío

Os custos de envío informaranse debidamente unha vez os produtos sexan engadidos ao carriño, no caso de ser aplicables.

11. Devolucións

Na tenda online desta páxina web:

Logo de realizar a túa compra, e no prazo de 30 días desde a recepción do pedido, poderás solicitar a súa devolución. A devolución deberá solicitarse a través de correo electrónico ao enderezo tenda@aine.gal, facendo referencia ao número de pedido. Unha vez tramitada, recibirás as instrucións para enviárnolo de volta a:

Ainé Producións, S.L.
Rúa Enrique Mariñas 32G, 2º
15009 A Coruña

Logo de comprobar o estado dos produtos, aceptaremos a devolución e reembolsaremos o importe a través do método de pagamento co que foi realizada a compra, agás os custos do envío. O prazo para o reembolso será de 30 días.

No caso de que os produtos non se atopen nas condicións nas que foron entregados a devolución será rexeitada, aínda que poderás realizar as reclamacións que consideres a través de teléfono, whatsapp ou correo electrónico. Atenderémolas todo o rápido que poidamos.

En plataformas externas de venda online de entradas:

Unha vez adquirida a entrada, unicamente cambiaremos ou devolveremos o seu importe no caso de cancelación do evento.

No caso de que se produzan cambios no evento, como cambio de data ou local que se produzan con posterioridade á recepción por parte dá persoa compradora da Confirmación de Compra da entrada, a plataforma de venda online cancelará as entradas e procederá á devolución do prezo por orde expresa do Organizador/Promotor do Evento.

No caso de cancelación sobrevinda durante o desenvolvemento do espectáculo, a persoa compradora non terá dereito ao reembolso do prezo da entrada.

Os cambios ou cancelación de eventos serán publicados no sitio web na sección do evento unha vez sexa notificado ao responsable da plataforma de venda de entradas online.

12. Garantía e conformidade do produto

Na tenda online desta páxina web:

AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. está obrigado a entregar produtos que sexan conformes co contrato, respondendo fronte a el de calquera falta de conformidade que exista no momento da entrega do produto.

Agás proba en contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpran todos os requisitos que se expresan a continuación, salvo que polas circunstancias do caso algún deles non resulte aplicable:

  • Axústense á descrición realizada polo vendedor e posúan as calidades do produto que AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. presentase ás persoas consumidoras.
  • Presenten a calidade e prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que a persoa consumidora poida fundadamente esperar, tendo en conta da natureza do produto e, no seu caso, das declaracións públicas sobre as características concretas dos produtos, en particular na publicidade ou na etiquetaxe. non quedará obrigado polas devanditas declaracións públicas se demostra que descoñecía e non cabía razoablemente esperar que coñecese a declaración en cuestión, que esta declaración fora corrixida no momento de celebración do contrato ou que esta declaración non puido influír na decisión de comprar o produto.

Se detectas fallas no produto adquirido ou existe falta de conformidade de acordo ao recentemente sinalado, contacta connosco a través do correo electrónico tenda@aine.gal indicando a incidencia/falla, a efectos do exercicio do teu dereito.

O anterior non obsta á aplicación do establecido no TÍTULO IV Garantías e servizos posvenda do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias:

  • A persoa consumidora ten dereito á substitución, á rebaixa do prezo ou á resolución do contrato.
  • Se o produto non fose conforme co contrato, poderás solicitar a substitución do produto por outro igual ou equivalente. Desde o momento en que a persoa consumidora comunique ao vendedor a opción elixida, ambas as partes haberán de aterse a ela. Esta decisión enténdese sen prexuízo dos supostos en que a reparación ou a substitución non logren poñer o produto en conformidade co contrato.

Réxime xurídico da substitución do produto:

  • Serán gratuítas. Esta gratuidade comprenderá os custos necesarios realizados para emendar a falta de conformidade dos produtos co contrato, especialmente os custos de envío.
  • Deberán realizarse nun prazo razoable e sen maiores inconvenientes, tendo en conta a natureza dos produtos e da finalidade que tivesen.
  • A substitución suspende os prazos relativos ao exercicio da opción pola persoa consumidora ata a entrega do novo produto.
  • Se a substitución non lograse poñer o produto en conformidade co contrato, poderás esixir a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato.

Rebaixa do prezo e resolución do contrato:

A rebaixa do prezo e a resolución do contrato procederán, a elección da persoa consumidora, cando esta non puidese esixir a substitución e nos casos en que estas non se levaron a cabo en prazo razoable ou sen maiores inconveniente. A resolución non procederá cando a falta de conformidade sexa de escasa importancia.

A rebaixa do prezo será proporcional á diferenza existente entre o valor que o produto tivese no momento da entrega de ser conforme co contrato e o valor que o produto efectivamente entregado tiña no momento da devandita entrega.

Prazos:

AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de tres anos desde a entrega.

Salvo proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores á entrega do produto xa existían cando a cousa entregouse, agás cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do produto ou a índole da falta de conformidade.

Salvo proba en contrario, a entrega enténdese feita no día que figure na factura de compra, ou no albará de entrega correspondente se este fose posterior.

O vendedor está obrigado a entregar ao consumidor ou usuario que exercite o seu dereito á reparación ou substitución, xustificación documental da entrega do produto, na que conste a data de entrega e a falta de conformidade que orixina o exercicio do dereito.

Do mesmo xeito, xunto co produto substituído, o vendedor entregará á persoa consumidora xustificación documental da entrega na que conste a data desta e, no seu caso, a reparación efectuada.

A persoa consumidora deberá informar da falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela. O incumprimento do devandito prazo non supoñerá a perda do dereito ao saneamento que corresponda, sendo responsable o consumidor e usuario, con todo, dos danos ou prexuízos efectivamente ocasionados polo atraso na comunicación.

Salvo proba en contrario, entenderase que a comunicación realizada pola persoa consumidora tivo lugar dentro do prazo establecido.

En plataformas externas de venda online de entradas:

Respecto das entradas a espectáculos, a persoa compradora non terá dereito a desistir da compra segundo o establecido na normativa vixente en materia de consumo e ordenación do mercado minorista por ser unha subministración de servizos exceptuada da posibilidade de exercicio do devandito dereito.

No caso de non ser posible a asistencia da persoa compradora ao espectáculo por causas alleas a AINÉ PRODUCIÓNS, S.L. e ao responsable da plataforma de venda de entradas online, non será posible a devolución do prezo da entrada.

Portada » Termos e condicións xerais de contratación