Xoán Fórneas

‘Recortes’ pon a grada en pé na súa estrea

A estrea da nova produción de Ainé e o CDG dá comezo á temporada do mellor xeito posible: cos aplausos, os risos e a boa crítica do público. As representacións no Salón Teatro continuarán de mércores a domingo ata o 23 de outubro

Arrinca o partido no Salón Teatro de Santiago

O 29 de setembro arrinca a temporada teatral no Salón Teatro con ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’. Un espectáculo sobre o mundo do fútbol baseado en textos de Nacho Carretero que formarán parte do seu próximo libro.

Presentamos ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta conforman o elenco deste espectáculo dirixido por Tito Asorey. Recortes está baseada en textos de Nacho Carretero e conta coa dramaturxia de José L. Prieto. A estrea desta produción de Ainé e o CDG será o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago

Portada » Xoán Fórneas » Páxina 2