Recibindo o 2023 dende os teatros
O ano novo comeza coa función de ‘Recortes’ en Burela chea, antes de continuar a xira con sete pases este mes por tres cidades
‘Somos Criminais’ consolida o seu éxito cos teatros cheos na nova xira
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco seguen esgotando todas as localidades nos teatros e auditorios que este outono programan o que xa é un dos espectáculos máis exitosos das últimas décadas. Tanto na triple función de Vilagarcía como en Carballo (as dúas primeiras citas desta segunda xira) colgouse o cartel de “entradas esgotadas”.
Touriñán esgota as entradas en Vigo e Vilagarcía na despedida do Monólogo do Imbécil
Case 2000 persoas asistiron a pasada fin de semana ás dúas última funcións dun espectáculo que nos últimos meses percorreu ata vinte vilas do noso país cun sensacional éxito de público. Touriñán rematou xaneiro cun balance de sete cheos consecutivos en todos os seus espectáculos.
Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo
Estas dúas localidades pontevedresas acollerán os días 27 e 28, respectivamente, as últimas funcións deste espectáculo de José Luis Prieto, Premio Max de Teatro, que Touriñán levou o pasado ano a máis de dez puntos da nosa xeografía.