Touriñán

Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”

O actor e humorista cullerdense acompañou aos colaboradores habituais do coñecido programa deportivo da Televisión de Galicia para comentar a actualidade da xornada futbolística. Un reto do presentador do programa, Carlos García Verdugo, diante do que Touriñán non o dubidou.

Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia

O programa da Televisión de Galicia, no que Xosé A. Touriñán é un dos grandes protagonistas, cambia a súa data de emisión, dos mércores aos xoves. Presentado por Roberto Vilar, o espazo xunta cada semana a decenas de miles de espectadores diante da pequena pantalla.

A noite de Reis, no último capítulo de Nós

O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.

Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’

Trátase de tres especiais que a Televisión de Galicia emitirá durante estas festas. Os actores e humoristas cullerdenses farán un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.

Portada » Touriñán » Páxina 27