Touriñán

O noso 2018 ten esta pinta…

Xa está aquí un novo ano. Toca estrear calendarios e axendas, encherse de propósitos e botar a camiñar. Comeza 2018, un ano no que en Ainé Producións non faltará o que para nós é o mellor humor do mundo. Seguiremos traballando no audiovisual, na intensa tarefa da produción, pero tamén xunto aos nosos actores. Procuraremos medrar da man de empresas amigas coas que vimos colaborando desde hai anos, e por suposto: farémolo co noso compromiso de sempre coa cultura deste país.

Un percorrido polo ano que rematou

Remataron os días dun ano de quilómetros e quilómetros para levar bo humor por todo este país. De rodaxes e de montaxes. Días de oficina e de cafés nas reunións que viron nacer e medrar proxectos que xa viron a luz, e outros que a verán no ano que entra. Rematou o noso terceiro ano de vida.

Touriñán interpretando a Manolo Lojo

Touriñán comezará 2018 cun dobre cheo na Coruña

O 13 de xaneiro estará no Teatro Colón acompañado por Oswaldo Digón nunha nova edición de Noites de Retranca. As entradas para as dúas funcións, previstas para as 20.30 e 22.30 horas, están xa esgotadas desde hai varias semanas.

Os artistas galegos únense de novo pola concordia no derbi galego

Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Roberto Vilar ou Tamar Novas entre outros vestiranse este sábado na Coruña de branquiazul ou celeste para unha nova edición de ‘O derbi dos artistiñas’. A cita terá lugar ás 12.00 no campo da Grela. Despois verán xuntos o derbi en no ABANCA Riazor.

Portada » Touriñán » Páxina 24