‘Fariña’ conclúe a súa segunda xira por Galicia
O espectáculo comezou en 2021 unha nova etapa en Xixón que o levou por numerosos puntos da Península. Na primavera de 2022 regresou a Galicia acumulando máis de 15.000 espectadores.
‘Fariña’ remata este sábado en Cangas a primeira parte da xira por Galicia
O espectáculo dirixido por Tito Asorey suma 15.000 espectadores nesta volta á casa. Desde que comezaran as funcións, aló polo 2019, ‘Fariña’ congregou preto de 70.000 espectadores en toda a península.
‘Continente María’ emociona na súa estrea no Teatro Rosalía de Castro
O público gozou coa emoción e a potencia escénica do espectáculo no seu arranque no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Do 19 ao 29 de maio poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
María Casares regresa á súa Coruña natal coa estrea ‘Continente María’
Melania Cruz protagoniza esta obra dirixida por Tito Asorey. A estrea terá lugar o 16 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Posteriormente, ‘Continente María’ estará no Salón Teatro de Santiago do 19 ao 29 de maio.
Touriñán, Oswaldo Digón e Marita Martínez, de xira por Galicia da man dos ‘Monólogos R’
Os tres cómicos protagonizan este mes de maio os Monólogos R. A xira recupera o formato presencial nos teatros galegos e fará parada na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.