Televisión de Galicia

Pepo Suevos, pregoeiro en Verbenalia

O actor e humorista ferrolán será un dos protagonistas do programa que a Televisión de Galicia comezou a emitir a pasada semana, que este venres contará ademais coas orquetras Olympus, Cinema e La Fórmula. Os Melidaos, Lirolai, Yhadira, Sanela, os irmáns Diumaró e Tania Veiras completan o cartel.

Verbenalia bota a andar este venres na TVG

Manuel Manquiña e Lucía Pérez serán os convidados dun primeiro programa coas orquestras New York, Marbella, Televisión, os gaiteiros Os Rosales e Treixadura. Verbenalia, presentado por Rodrigo Vázquez e Patricia Santana, con Eva Iglesias e Manuel de Andrade como colaboradores, é a aposta da Televisión de Galicia para os venres deste verán.

Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha

Mucha e Nucha abrirán unha nova xira na Illa de Arousa

O 19 de febreiro actuarán no auditorio da localidade pontevedresa, que hai menos dun mes acolleu unha das representacións doutro dos proxectos de Xosé A. Touriñán, Curtis & Teixeiro, con Federico Pérez. Será a primeira das actuacións en directo das Fillas da Conexa este ano, no que subirán de novo aos escenarios de media Galicia co seu aclamado humor.

João Simões, Gayoso e as badaladas

Xosé A. Touriñán, interpretando ao multimillonario portugués João Simões, foi o encargado de darlle a benvida ao 2016 desde a compostelá praza do Obradoiro, xunto a Xosé Ramón Gayoso, a quen definiu como mestre e amigo.