Xa está aquí o novo ‘Táboas’
Chega o segundo número da revista en papel especializada en artes escénicas, para continuar a achegar o teatro a todo o mundo
‘Táboas’ viaxa a Portugal para coñecer de primeira man o Festival de Almada
A revista de Ainé foi convidada pola organización da 39ª edición do Festival de Almada, que se celebra do 4 ao 18 de xullo nesta cidade do distrito de Setúbal, na rexión de Lisboa.
Xa está en liña o primeiro número de ‘Táboas’
Presentamos o primeiro número da revista ‘Táboas’, na que imos dando conta dos nosos traballos e do que está por vir. Coa mirada dende as táboas ao público e coa colaboración de amigos e compañeiras.
As entradas para a Xira Galega de ‘Fariña’ xa están á venda!
‘Fariña’ volve á casa logo de ano e medio de éxitos fóra de Galicia. O 12 de marzo arrinca a Xira Galega en Santiago de Compostela. Todas as datas están dispoñibles en farina.gal
Fariña volve a Galicia
Presentamos no Culturgal a xira galega 2022 de Fariña. A Feira das industrias culturais galegas foi tamén o lugar elixido para o lanzamento de ‘Táboas’, a nosa revista semestral.