Carlos Blanco e Touriñán agasallan co filme de Somos Criminais a todas as residencias de maiores
Máis de trescentas copias do espectáculo que os cómicos rodaron o pasado mes de xuño sairon esta semana dirixidas a todas as residencias da terceira idade do noso país, para que desfruten os maiores xunto coas e cos profesionais dos centros.
Os mellores agasallos para un Nadal criminal están xa á venda
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán sacan á venda unha liña de produtos sobre o seu espectáculo máis exitoso en colaboración con Rei Zentolo, que xa poden mercarse na tenda de aine.gal. Dous modelos de camiseta, un modelo de máscara, e a adaptación cinematográfica de Somos Criminais en formato USB, coa posibilidade de mercalo todo nun pack exclusivo.
Somos Criminais volve ao teatro na Coruña polo Nadal
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán preparan unha función especial do seu espectáculo máis exitoso, que chegará ao auditorio de Palexco os días 26 e 27 de decembro.
‘Somos Criminais’ chega ás pantallas dos cines de verán
A adaptación audiovisual do espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán, que o pasado 6 de xuño reuniu a máis de 10.000 espectadores na súa estrea online, formará parte da programación de diferentes concellos para os seus cines ao aire libre.
Carlos Blanco e Touriñán conversarán cos espectadores de Somos Criminais despois da función
Será un programa especial no que tamén participarán Tito Asorey, director do espectáculo, e José L. Prieto, autor da peza. Poderase seguir na mesma emisión do espectáculo, e tamén a través de Facebook Live nas páxinas de Touriñán, Carlos Blanco e Ainé Producións.