Humor

Somos Criminais, camiño dos 20.000 espectadores a mes e medio da estrea

O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán bate todos os records de venda de entradas con 19.209 billetes despachados a cincuenta días da estrea na Illa de Arousa. O cartel de entradas esgotadas está xa colgado en Pontevedra, Viveiro e A Illa. En ao menos doce das dezaoito datas da xira está prevista máis dunha función.

O noso 2018 ten esta pinta…

Xa está aquí un novo ano. Toca estrear calendarios e axendas, encherse de propósitos e botar a camiñar. Comeza 2018, un ano no que en Ainé Producións non faltará o que para nós é o mellor humor do mundo. Seguiremos traballando no audiovisual, na intensa tarefa da produción, pero tamén xunto aos nosos actores. Procuraremos medrar da man de empresas amigas coas que vimos colaborando desde hai anos, e por suposto: farémolo co noso compromiso de sempre coa cultura deste país.

Un percorrido polo ano que rematou

Remataron os días dun ano de quilómetros e quilómetros para levar bo humor por todo este país. De rodaxes e de montaxes. Días de oficina e de cafés nas reunións que viron nacer e medrar proxectos que xa viron a luz, e outros que a verán no ano que entra. Rematou o noso terceiro ano de vida.

Incondicionais do Castelo Conta

Se algo non estaba previsto era ter tan claro ao día seguinte que en agosto de 2018 habería un novo Castelo Conta. O éxito de participación e de crítica desta orixinal actividade, promovida por Xosé A. Touriñán e a Comisión de Festas de Castelo coa colaboración de Ainé Producións, Undodez e a asociación Castelo Deporte convértena agora en imprescindible.

Portada » Humor » Páxina 5