Culleredo

Touriñán no Castelo Conta 2022

Os compromisos sobre os que medra o Castelo Conta

O festival que dirixe Xosé A. Touriñán chega á súa sétima edición ampliando a súa programación, pero tamén adquirindo novos compromisos nos eidos social e medioambiental, e é xa un dos maiores eventos culturais sen ánimo de lucro de cantos se celebran en Galicia.

O Castelo Conta decide deixar para o 2021 a súa sexta edición

O festival dirixido por Xosé A. Touriñán non se celebrará este mes de agosto, diante das incertezas sobre a evolución da situación sanitaria. A decisión, comunicada o pasado luns ao Concello de Culleredo, a Deputación da Coruña e os principais patrocinadores, tómase para “protexer” tanto ao público como ás veciñas e veciños de Castelo.

Portada » Culleredo