Celta

“Voute chamar Maureto: metade Mauro, metade Bebeto…”

Mónica e Sabela, as protagonistas do anuncio da campaña Imposible sen ti, que cada ano acompaña o percorrido ata o día do Deportivo – Celta, levan vendo xuntas o derbi toda a vida. Un bar de Mondoñedo, un loro e toda a paixón do mundo polas cores branquiazul e celeste son os ingredientes dunha historia de amistade e, por suposto, fútbol.

‘Imposible sen ti’, marca da concordia

A repercusión da campaña ideada hai un ano para fomentar a boa relación entre afeccións de Deportivo e Celta supera todas as previsións e acelera a viaxe cara un derbi galego protagonizado pola concordia.

Portada » Celta