Touriñán e Marcos Pereiro despiden o seu aniversario coas últimas datas de ‘Agora en serio’
Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán despiden o seu quince aniversario coas derradeiras datas do espectáculo que a pasada primavera encheu en todas as cidades galegas.
O emotivo final da xira de ‘Agora en serio’
Touriñán e Marcos Pereiro remataron a derradeira función da xira, no auditorio coruñés do Ágora, rodeados por primeira vez de todas as irmás de Mucha e Nucha. De todas… menos de Carmucha.
Mucha e Nucha comezan o ano en Melide
Rematadas estas vacacións de Nadal, as fillas da Conexa, Mucha e Nucha, volven aos escenarios de Galicia. A Casa da Cultura de Melide acollerá o vindeiro sábado 7 de xaneiro a primeira cita do ano deste dúo cómico formado polos actores cullerdenses Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro.
Mucha e Nucha actuarán o 24 de setembro en Arzúa
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro pecharán a xira deste verán das Cantareiras de Ardebullo na parroquia do Couto (Arzúa), que celebra as súas festas a penúltima fin de semana deste mes. As Fillas da Conexa subirán ao escenario no descanso da verbena, pasada a medianoite.
Nucha e Mucha apúntanse a Verbenalia
O programa presentado por Rodrigo Vázquez contará este venres con Xosé A. Touriñán como pregoeiro, e coa actuación das Cantareiras de Ardebullo como convidadas especiais. Panorama, Os Resentidos e Los Satélites amenizarán unha festa na que tamén estarán Os Tres Trebóns e Radio Cos. Toda unha referencia do mundo da verbena, Sito Sedes, será o artista convidado.