Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

Corentena

Saímos de xira polos teatros no outono con este espectáculo nacido das conversas que mantiñan Perdomo e Touriñán por Instagram durante o confinamento. Unha hora de risas, personaxes xa clásicos e moitas novidades nacidas da improvisación e da boa sintonía entre os dous cómicos.

Entra en corentena.gal

Un ordenador portátil coa páxina de taboas.gal aberta no navegador

Táboas

Estreamos a versión dixital da nosa revista sobre artes escénicas en Galicia, que contará a finais de xuño co seu terceiro número en papel. Falamos do que pasa nos escenarios de todo o país con novos contidos cada semana.

Entra en taboas.gal
Merca a revista en papel

Códice K

O roubo do Códice Calixtino ten máis de comedia que de suspense, é un ‘true crime’ de libro. Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ protagonizan este espectáculo escrito por Manuel Cortés e dirixido por Tito Asorey.

Merca as entradas

EN XIRA

Corentena

https://corentena.gal/

Touriñán e Perdomo levan aos escenarios as conversas que mantiveron en directo polas redes sociais durante o confinamento. Un espectáculo de improvisación no que rescatan algúns dos personaxes nacidos naqueles días.

Próximas datas
    • 7 Out
    • Pontevedra
    • 12 Out
    • Ourense
    • 13 Out
    • Lugo
    • 20 Out
    • Vilagarcía de Arousa
    • 19 Nov
    • Vigo
    • 1 Dec - 2 Dec
    • Narón
    • 8 Dec - 9 Dec
    • A Coruña
    • 16 Dec
    • Santiago de Compostela
Mercar entradas
Cartel do monólogo Aquí Tou, protagonizado por Xosé Touriñán, de xira ata o 3 de xuño de 2023.

Aquí Tou!

https://aquitou.gal

Un monólogo moi persoal no que o cómico nos leva da man facendo un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Próximas datas
    • 14 Out
    • A Coruña
    • 21 Out
    • Vigo
Mercar entradas
Cartel do espectáculo teatral Códice K

Códice K

https://codicek.gal

Esta comedia narra a historia extraoficial do roubo do Códice Calixtino, o máis grande “true crime” de Galicia, desde a perspectiva das personaxes femininas que rodearon a historia.

Próximas datas
    • 20 Out
    • Carral
Mercar entradas

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Comeza o outono xirando polos teatros galegos co seu monólogo Aquí Tou! e xunto a David Perdomo con Corentena.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.

Comeza o curso, e ampliamos equipo!

Buscamos un perfil con coñecementos e, sobre todo, interese, no ámbito da comunicación, o desenvolvemento de contidos e o márketing, para incorporar a antes posible.