Este é o equipo que fará posible a primeira experiencia en Galicia de teatro online non gratuíto
O sábado 6 de xuño emitirase por primeira vez en Galicia unha función de teatro en streaming, con accesos limitados e de pago. Un fito histórico que abre novos camiños á hora de achegar a cultura ao público, e que aplaude o colectivo da emigración. Este é o equipo que o fará posible.
Carlos Blanco e Touriñán volven con ‘Somos Criminais’ nunha función única para ver na casa
É a primeira vez en Galicia que un espectáculo teatral chega ás pantallas a través dunha emisión na rede na que os espectadores pagan unha entrada polo seu acceso. A cita será o 6 de xuño, ás 22.30 horas, e as entradas están xa á venda a través de Ataquilla.com, que colabora na iniciativa.
O espectáculo máis aclamado, para ver desde o sofá
Da xira aprazada de 'Unha noite na praia' a unha función inédita de 'Somos Criminais' para ver na casa. En tres meses, a crise da COVID-19 cambiou por completo as previsións do sector cultural en Galicia.