Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

Os actores Carlos Blanco e Xosé A. Touriñá, vestidos iguais, sentados un canda o outro nunha escea do espectáculo Somos Criminais 3

Somos Criminais 3

Nestas semanas pechamos a segunda xira dun dos espectáculos máis exitosos do teatro galego nos últimos tempos. Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán esta nova viaxe xuntos en Lugo, Ferrol, Ourense e A Coruña.

Merca as entradas

Un ordenador portátil coa páxina de taboas.gal aberta no navegador

Táboas

Estreamos a versión dixital da nosa revista sobre artes escénicas en Galicia, que contará a finais de xuño co seu terceiro número en papel. Falamos do que pasa nos escenarios de todo o país con novos contidos cada semana.

Entra en taboas.gal
Merca a revista en papel

Xente de todas as idades nos arredores da igrexa de Castelo, en Culleredo, durante o festival Castelo Conta de 2022

Castelo Conta

Preparamos a oitava edición do festival da tradición oral, a comedia e a cultura no rural, que terá lugar en Castelo (Culleredo), do 21 ao 27 de agosto, cunha chea de actividades e propostas para público de todas as idades.

Entra en casteloconta.gal

EN XIRA

Cartel do espectáculo 'Somos Criminais 3', con Carlos Blanco e Touriñán, de xira polos teatros galegos ata xuño de 2023

Somos Criminais 3

https://somoscriminais.gal

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Carlos Blanco e Touriñán analizan con humor Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos.

Próximas datas
    • 2 Xuñ
    • Ferrol
    • 4 Xuñ
    • Ourense
    • 9 Xuñ - 10 Xuñ
    • A Coruña
Mercar entradas
Cartel da obra 'Continente María', baseada na vida de María Casares. A actriz Melania Cruz vese co puño erguido en escea.

Continente María

https://continentemaria.gal

Un espectáculo que dialoga co legado de María Casares tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos. Un canto á vida e ao teatro.

Próximas datas
    • 7 Xuñ - 11 Xuñ
    • Madrid
Mercar entradas
Cartel do monólogo Aquí Tou, protagonizado por Xosé Touriñán, de xira ata o 3 de xuño de 2023.

Aquí Tou!

https://aquitou.gal

Un monólogo moi persoal no que o cómico nos leva da man facendo un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Próximas datas
    • 3 Xuñ
    • Catoira
Mercar entradas

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Nestas semanas remata as xiras de Somos Criminais 3 e Aquí Tou!, mentres participa na rodaxe da segunda parte de Cuñados.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.