Un percorrido polo ano que rematou
Remataron os días dun ano de quilómetros e quilómetros para levar bo humor por todo este país. De rodaxes e de montaxes. Días de oficina e de cafés nas reunións que viron nacer e medrar proxectos que xa viron a luz, e outros que a verán no ano que entra. Rematou o noso terceiro ano de vida.
Os artistas galegos únense de novo pola concordia no derbi galego
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Roberto Vilar ou Tamar Novas entre outros vestiranse este sábado na Coruña de branquiazul ou celeste para unha nova edición de 'O derbi dos artistiñas'. A cita terá lugar ás 12.00 no campo da Grela. Despois verán xuntos o derbi en no ABANCA Riazor.
Incondicionais do Castelo Conta
Se algo non estaba previsto era ter tan claro ao día seguinte que en agosto de 2018 habería un novo Castelo Conta. O éxito de participación e de crítica desta orixinal actividade, promovida por Xosé A. Touriñán e a Comisión de Festas de Castelo coa colaboración de Ainé Producións, Undodez e a asociación Castelo Deporte convértena agora en imprescindible. O plan estaba claro desde o principio: unha andaina duns seis quilómetros polos seis lugares de Castelo con catro contadas de quince minutos polo medio con Evaristo Calvo e Cándido Pazó. Á noite, cea e monólogos, e despois música para converter en festa o que xa era unha festa. Non estaba claro -era a primeira vez que se facía algo así- o ambiente, as impresións, as dificultades que nas primeiras veces sempre adoitan aparecer nos momentos máis inoportunos… E resultou que unha conxunción de factores, a saber: bo tempo, sombreiros de palla, megáfonos, camiños, cervexa, auga e froita, humor, mexillóns e polo con pementos, música, luz e xente, moi boa xente, converteron o 26 de agosto de 2017 nun dos días máis especiais que viviu a parroquia cullerdense de Castelo en moito, moito tempo. Contra as catro e media da tarde na praza, onde está o bar da familia de Xosé Antonio Touriñán, xa non collía ninguén. Longas pero áxiles ringleiras de xente para recoller camisola, sombreiro, plano da ruta e ticket para cear bloqueaban ata a estrada, na que xa se preparaban Os Charangos, encargados de poñer a...