Fariña representarase no Teatro Colón da Coruña durante unha semana en novembro
O espectáculo volve a Galicia logo de esgotar as localidades cada día en Madrid durante un mes. Será xusto na semana na que se cumprirá un ano da estrea no teatro coruñés. As entradas sairán á venda nos próximos días.
Fariña conquista a Madrid e ergue a bandeira da cultura segura
O espectáculo dirixido por Tito Asorey estreouse o pasado xoves nas Naves del Español enchendo a Sala Fernando Arrabal ata o aforo máximo permitido. A adaptación ao teatro da obra de Nacho Carretero mantén programadas vinte e dúas funcións na capital, ata o 11 de outubro.
Pequeñas Coincidencias comeza a rodaxe da súa última temporada
A que foi a primeira serie española en Amazon Prime está protagonizada por Javier Veiga e Marta Hazas, e conta con Xosé A. Touriñán no seu reparto. Medio Limón, Onza e Atresmedia Studios inician esta semana en Madrid a gravación dunha terceira temporada "con máis comedia".