Era visto! lanza un capítulo especial na rede sobre o coronavirus
As actrices e os actores gravaron a súa participación desde a casa e cos seus medios. O resultado estreouse esta semana nas redes sociais, cun grande éxito de audiencia, e centos de comentarios dos espectadores lembrando unha das súas series preferidas.
Amazon Prime Video estrea a segunda temporada de ‘Pequeñas Coincidencias’
Xosé A. Touriñán forma parte do reparto desta comedia romántica protagonizada por Javier Veiga e Marta Hazas e producida por Atresmedia Studios, Onza e Medio Limón, que desde esta semana está dispoñible no catálogo da plataforma.
A Coruña acolle este sábado a gala dos Premios Mestre Mateo
Ata 450 candidaturas dun total de 160 obras presentáronse nos premios máis prestixiosos do audiovisual en Galicia, aos que aspiran os profesionais e as obras finalistas en 25 categorías. Na gala recoñecerase co Premio de Honra Fernando Rey o traballo de José María Rodríguez Armada -Chema-, proxeccionista do CGAI.