Touriñán e Marcos Pereiro estrearán un novo programa na TVG o 23 de febreiro
Buscando Ardebullo é o título dunha divertida viaxe por media Galicia na que os actores cullerdenses, acompañados polo pai de Marcos, percorrerán pequenas vilas e aldeas do país para coñecer a forma de vida das súas xentes.
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro preparan un novo programa na Televisión de Galicia
Ainé participa na produción deste novo produto televisivo encargado á produtora dos actores cullerdenses. Nas pasadas semanas, a aldea de O Couto, en Ponteceso, foi escenario das primeiras xornadas de gravación.