Na casa

A tecnoloxía permítenos estar sempre cerca, e os contidos audiovisuais producidos por Ainé e relacionados cos artistas cos que traballamos son unha forma de estar sempre na casa.

Este espazo está pensado para que os que nos vedes desde outros países teñades sempre a man os formatos de comedia e entretemento dos que participamos.

Códice K

A historia do roubo do Códice Calixtino, como nunca foi contada. O programa Fila 1, Butaca G, da Televisión de Galicia, leva ás pantallas de todas as galegas e galegos un dos espectáculos máis orixinais da última década, protagonizado por Lucía Veiga, Patricia Castrillón, Marita Martínez e Graciela Carlos.

Portada » Na casa » Códice K