Na casa
A tecnoloxía permítenos estar sempre cerca, e os contidos audiovisuais producidos por Ainé e relacionados cos artistas cos que traballamos son unha forma de estar sempre na casa.
A tecnoloxía permítenos estar sempre cerca, e os contidos audiovisuais producidos por Ainé e relacionados cos artistas cos que traballamos son unha forma de estar sempre na casa.
Este espazo está pensado para que os que nos vedes desde outros países teñades sempre a man os formatos de comedia e entretemento dos que participamos.
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco subiron ás táboas xuntos por primeira vez no 2018. Somos Criminais converteuse despois no espectáculo máis visto da historia do teatro en Galicia, e agora está dispoñible en AGalega para desfrutar desde a casa.
O formato Fila 1, Butaca G, contou coa segunda parte do espectáculo de Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco no que os cómicos falan das particulares formas que temos os galegos de ser criminais. O formato é a gravación da proposta teatral, representada no Auditorio do Grove.
Xosé A. Touriñán lanzouse no ano 2022 á dirección cinematográfica cun esta curtametraxe protagonizada pola súa filla, Antía Touriñán, por Carlos Blanco, David Perdomo e por el mesmo. O filme acumula seleccións e premios en festivais de todo o mundo.
A historia do roubo do Códice Calixtino, como nunca foi contada. O programa Fila 1, Butaca G, da Televisión de Galicia, leva ás pantallas de todas as galegas e galegos un dos espectáculos máis orixinais da última década, protagonizado por Lucía Veiga, Patricia Castrillón, Marita Martínez e Graciela Carlos.
A primeira serie musical de debuxos en galego conta no seu reparto de voces con moitos dos artistas de Ainé, como Xosé A. Touriñán no papel de Pombo, ou Marita Martínez como Carpin, o picapau máis coñecido do bosque. Para nenas e nenos de entre tres e seis anos.
Xosé A. Touriñán ponlle voz a Xurxo, o protagonista desta serie de debuxos para os máis pequenos na que catro amigos viven moitas aventuras xogando e aprendendo xuntos. Capítulos breves para que as máis pequenas e pequenos aprendan en galego.