‘Continente María’ representarase nas Naves del Español en Matadero

A peza ofrece un canto á vida e ao teatro a través dun diálogo coa actriz María Casares. As entradas están á venda en continentemaria.gal
Melania Cruz interpreta a María Casares e Vadim Yukhnevich toca a guitarra nunha escena de 'Continente María'

Momento musical en 'Continente María'. Foto: Aigi Boga

A obra de teatro ‘Continente María’ viaxa a Madrid no mes de xuño. As Naves del Español en Matadero acollerán, do 7 ao 11 de xuño, este espectáculo sobre o legado vital e escénico de María Casares. ‘Contintente María’ continúa así unha xira que, desde a súa estrea en 2022 coincidindo co centenario do nacemento da actriz, levou a historia de Casares por toda Galicia. As funcións na capital serán os cinco días ás 19:30 horas na Sala Max Aub (Nave 10) e as entradas xa están á venda en continentemaria.gal.

‘Continente María’ é un canto á vida y ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares. Melania Cruz, premio Cultura Galega 2022 de Artes Escénicas, transita unha infinidade de rexistros, acentos e situacións como se fosen a súa propia pel para interpretar a Casares. Pola súa parte, a música de Vadim Yukhnevich crea un ambiente no que a emoción e o dinamismo conviven coa reflexión sobre o amor, a guerra ou a identidade. O músico bielorruso afirma “viaxar aos seus adentros con esta obra e reflexionar sobre o seu propio exilio”. Este espectáculo “non é soamente unha obra histórica ou biográfica, tamén é unha peza que fala desde e sobre noso presente”, explicaba o director, Tito Asorey, aludindo ao conflito que continúa en Ucraína.

Continente María’ en América

No outono deste 2023 o espectáculo cruzará as fronteiras do continente físico para viaxar a Colombia. Galicia e as súas artes escénicas son as convidadas especiais na 55ª edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales, que terá lugar do 21 ao 28 de outubro. Ademais, a peza sobre María Casares tamén se representará no Festival Teatro y Música Comfama San Ignacio, en Medellín e en Bogotá.

Entrada anterior
Renovamos por completo a nosa web apostando pola innovación e os contidos de calidade
Artigo seguinte
Touriñán continúa rodando esta primavera

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » ‘Continente María’ representarase nas Naves del Español en Matadero