Presentamos ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’
Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta conforman o elenco deste espectáculo dirixido por Tito Asorey. Recortes está baseada en textos de Nacho Carretero e conta coa dramaturxia de José L. Prieto. A estrea desta produción de Ainé e o CDG será o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago
Detrás do Castelo Conta: a produción dun festival único
Unha parroquia, seis localizacións, sete días de duración, 38 eventos programados e máis de 10.000 persoas. A festa que lle deu a volta á festa
‘Somos Criminais 3’ en Castelo
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco traen ao festival Castelo Conta a última representación de ‘Somos Criminais 3’ deste ano.
O Castelo Conta regresa este luns 22 con moitas novidades
O festival que dirixe Xosé A. Touriñán desenvolverá a súa VII edición do 22 ao 28 de agosto en Castelo, Culleredo cunha programación chea de comedia, música, tradición oral e actividades para a cativada e accións de sensibilización co medio ambiente.
Os compromisos sobre os que medra o Castelo Conta
O festival que dirixe Xosé A. Touriñán chega á súa sétima edición ampliando a súa programación, pero tamén adquirindo novos compromisos nos eidos social e medioambiental, e é xa un dos maiores eventos culturais sen ánimo de lucro de cantos se celebran en Galicia.