O Castelo Conta decide deixar para o 2021 a súa sexta edición
O festival dirixido por Xosé A. Touriñán non se celebrará este mes de agosto, diante das incertezas sobre a evolución da situación sanitaria. A decisión, comunicada o pasado luns ao Concello de Culleredo, a Deputación da Coruña e os principais patrocinadores, tómase para “protexer” tanto ao público como ás veciñas e veciños de Castelo.
Un ano nas aldeas e nos teatros
Resumimos o ano que rematou. No 2019 percorremos Galicia cos compromisos de sempre máis vivos que nunca: cultura na nosa lingua, de escenario en escenario. A polo 2020!
Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo
Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.
Asi é a programación completa do Castelo Conta
Música, improvisación, conversas á tarde, actividades para as cativas e cativos, gastronomía, deporte… O Castelo Conta activa a conta atrás para seis días de festa no pobo de Xosé Antonio Touriñán pensados para todas e todos.
Touriñán presenta a programación dunha nova edición do Castelo Conta
Un espectáculo de monólogos cos mellores cómicos de Galicia, unha verbena cunha orquestra montada para a ocasión ou o concerto de Xabier Díaz, os pratos fortes de toda unha semana de actividades.