Imposible sen ti, Buscando Ardebullo, Nós e Federico Pérez, finalistas aos Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá os finalistas aos premios, que se entregarán o 4 de marzo na Coruña. O propio Federico Pérez foi, xunto con María Vázquez, o encargado de ler a relación de nomeados.
Federico Pérez e María Vázquez darán a coñecer este martes os nomeados aos Mestre Mateo
176 obras son candidatas aos nomeamentos para as vinte e seis categorías que conforman os premios deste ano. A gala de entrega terá lugar o 4 de marzo no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña.
A noite de Reis, no último capítulo de Nós
O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.
Así foi o noso 2016
Cumprimos dous anos e temos a sensación de levar traballando nisto desde hai moito máis tempo. No 2016 percorremos centos e centos de quilómetros por toda Galicia, puxemos toda a nosa experiencia e ilusión en decenas de proxectos, e ata gañamos un Mestre Mateo xunto cos nosos irmáns de Tex45! Este é o resumo do noso 2016.
Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’
Trátase de tres especiais que a Televisión de Galicia emitirá durante estas festas. Os actores e humoristas cullerdenses farán un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.