Carlos Blanco e Touriñán agasallan co filme de Somos Criminais a todas as residencias de maiores
Máis de trescentas copias do espectáculo que os cómicos rodaron o pasado mes de xuño sairon esta semana dirixidas a todas as residencias da terceira idade do noso país, para que desfruten os maiores xunto coas e cos profesionais dos centros.
Federico Pérez e o último spot de ‘Imposible sen ti’, candidatos ao Mestre Mateo
O actor mazaricán é un ano máis finalista na categoría de mellor actor protagonista pola súa participación en Era Visto! Na categoría de mellor anuncio publicitario é tamén finalista, por terceiro ano consecutivo, o novo spot da campaña ‘Imposible sen ti’.
Pepo Suevos, á fronte da gala dos María Casares
Un total de trece espectáculos convértense en finalistas ás catorce categorías nas que se dividen os premios desta gran festa do teatro. A gala de entrega terá lugar o vindeiro mércores 29 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
“Así que ti e mais eu imos ter derbi para sempre…”
ABANCA presentou o pasado luns o desenlace da campaña ‘Imposible sen ti’ desta temporada, unha historia de concordia e cordialidade entre rivais, o soño dun derbi convertido nunha festa que comeza a abrirse camiño logo de varias décadas.
“Máis audiovisual, máis traballo e máis igualdade”
A gala de entrega dos XV Premios Mestre Mateo trasladou a reivindicación de todo o sector da necesidade de que as profesionais do audiovisual teñan máis oportunidades. Os traballos finalistas dos que participou Ainé Producións non foron finalmente premiados.