Audiovisual

Pepo Suevos, pregoeiro en Verbenalia

O actor e humorista ferrolán será un dos protagonistas do programa que a Televisión de Galicia comezou a emitir a pasada semana, que este venres contará ademais coas orquetras Olympus, Cinema e La Fórmula. Os Melidaos, Lirolai, Yhadira, Sanela, os irmáns Diumaró e Tania Veiras completan o cartel.

Verbenalia bota a andar este venres na TVG

Manuel Manquiña e Lucía Pérez serán os convidados dun primeiro programa coas orquestras New York, Marbella, Televisión, os gaiteiros Os Rosales e Treixadura. Verbenalia, presentado por Rodrigo Vázquez e Patricia Santana, con Eva Iglesias e Manuel de Andrade como colaboradores, é a aposta da Televisión de Galicia para os venres deste verán.

Último capítulo de Buscando Ardebullo

Logo de percorrer as vilas e aldeas de media Galicia, a primeira tempada de Buscando Ardebullo chega á súa fin. A Televisión de Galicia emite hoxe o derradeiro capítulo gravado no Couto, en Ponteceso.

Fede e Imposible sen ti, a polos Mestre Mateo

O sector audiovisual galego está de celebración esta fin de semana, xa que a gala dos Premios Mestre Mateo -organizada pola Academia Galega do Audiovisual- celebra mañá a súa décimo cuarta edición. Estes galardóns premian o mellor da produción audiovisual do país.

Fede e Pepo xuntos no Luar

Federico Pérez e Pepo Suevos acaban de estrear un novo espectáculo cómico que se emite cada venres pola noite no Luar da Televisión de Galicia.

Portada » Audiovisual » Páxina 7