Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán inician en Vigo a segunda xira de ‘Somos Criminais 3’

Cun grande éxito de venda, os dous cómicos inician esta fin de semana en Vigo unha nova volta polos teatros de Galicia. Para esta cidade, quedan as últimas entradas para a función do venres ás 23:00 horas. Os billetes para toda a xira están dispoñibles en somoscriminais.gal

Touriñán e Carlos Blanco na estrea da primeira xira do espectáculo. Foto: Aigi Boga

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán inician esta fin de semana a nova xira de Somos Criminais 3 con catro funcións no Teatro Afundación de Vigo. Para esta primeira parada quedan algúns billetes dispoñibles para a función do venres 17 de marzo, ás 23:00 horas.

Na súa xira de presentación, que tivo lugar entre finais de 2021 e principios de 2022, máis de 30.000 espectadores ateigaron os teatros e auditorios galegos. Nesta segunda xira, o público volve acoller con grande interese este espectáculo de humor protagonizado por dous dos cómicos máis destacados do país.

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? En Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Touriñán tratan de dar resposta a estas preguntas e analizan Galicia e os seus habitantes para averiguar por que somos como somos. Somos Criminais 3 é un espectáculo que conta coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

Máis datas da xira

Tralas funcións iniciais de Vigo, o espectáculo chegará o 31 de marzo ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, onde quedan as últimas entradas para a función das 23:00 horas, e o 1 de abril, co cartel de completo, a Santiago de Compostela.

A xira continúa ata o mes de xuño e inclúe outras seis vilas galegas: Vilagarcía de Arousa (21 de abril), Narón (12 de maio), Lugo (16 de maio), Ferrol (2 de xuño), Ourense (4 de xuño) e A Coruña (9 e 10 de xuño). As entradas están á venda na web somoscriminais.gal.

Artigo anterior
Presentamos ‘Códice K’, o roubo do Códice Calixtino contado en feminino
Artigo seguinte
Xa está dispoñible a revista ‘Táboas’ en versión web

NOTICIAS RELACIONADAS

Comeza o curso, e ampliamos equipo!

Buscamos un perfil con coñecementos e, sobre todo, interese, no ámbito da comunicación, o desenvolvemento de contidos e o márketing, para incorporar a antes posible.

Portada » Caderno » Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán inician en Vigo a segunda xira de ‘Somos Criminais 3’