Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”

O actor e humorista cullerdense acompañou aos colaboradores habituais do coñecido programa deportivo da Televisión de Galicia para comentar a actualidade da xornada futbolística.

Ao outro lado da pantalla, pero nun plató ben diferente. Touriñán cambiou o pasado domingo de decorados para sentar na mesa do ‘En Xogo’. Todo grazas a un reto, lanzado por Carlos García Verdugo, diante do que o actor cullerdense non o dubidou.

No programa, Touriñán sentou ao carón dos colaboradores habituais do coñecido programa da TVG para achegar o seu punto de vista (como recoñecido deportivista) na análise da actualidade da xornada.

Houbo tamén tempo para un entretido test sobre algunhas imaxes de encontros da Segunda B e a Terceira, coñecidas polos espectadores do ‘En Xogo’, ao que o cómico cullerdense contestou con bastante acerto.

E tamén algunha sorpresa… O porteiro do Celta, Sergio Álvarez, gravou un vídeo preguntándolle a Touriñán sobre quen preferiría que gañara o mércores, no partido de Copa que enfronta ao equipo vigués contra o Real Madrid. “Que pase o Celta”, contestou sen dubidalo.

Artigo anterior
O metro, de novo en marcha
Artigo seguinte
Federico Pérez e María Vázquez darán a coñecer este martes os nomeados aos Mestre Mateo

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”