Neste mes de setembro actuará en Bergondo, Santa Comba, Camariñas e Oroso, logo de visitar nas pasadas semanas Porto do Son, Aciveiro, Marín e Ortigueira. Para o mes de decembro quedarán dúas últimas citas en Cerceda e Allariz.

Logo de anos e anos contando a historia da súa vida, Manolo Lojo decide agora poñer o punto e final á serie de conferencias polos escenarios de todo o país lembrando ao público que todo pode ir a peor. A súa tráxica historia acabou por ser un curioso relato sobre como superar calquera tipo de dificultade. Un nacemento prematuro, o falecemento de todos os seus irmáns ou a chegada dun tío cun algúns problemas desde a Arxentina foron algúns dos que tivo que enfrontar Manolo.

Decenas de milleiros de persoas coñeceron nestes últimos dez anos a historia dun home ao que moitos chegaron a coller verdadeiro cariño. Agora prepara as súas últimas conferencias, antes de retirarse a descansar coa tranquilidade do deber cumprido.

Xosé Antonio Touriñán levou o seu espectáculo en solitario por todo o país durante máis de dez anos, con actuacións diante de varios milleiros de persoas, pero tamén en pequenos locais, festas ou teatros.

As últimas ocasións para gozar con este divertidísimo espectáculo teñen xa data, nos meses de setembro e decembro (Santa Comba -21 de setembro-, Bergondo -22 de setembro-, Oroso -28 de setembro-, Camariñas -29 de setembro-, Allariz -15 de decembro-, Cerceda -21 de decembro- e Val do Dubra -22 de decembro-).