Logo de encher en todos os teatros e auditorios que visitaron nunha primeira xira o pasado mes de xaneiro, retoman agora este espectáculo para actuar noutras oito localidades. A venda de entradas está xa en marcha en www.curtiseteixeiro.gal

Existen centos de teorías que explican os casos máis intrigantes e polémicos da actualidade social e política, tanto a nivel nacional como internacional, e mesmo do noso propio país. O pasado mes de xaneiro dous investigadores privados propuxéronse sacar a luz a verdade sobre algúns deles logo de anos de pesquisas. Fixérono nunha serie de conferencias ás que asistiron ata 4000 espectadores, que recoñeceron á saída dos auditorios a súa sorpresa e incredulidade. Prometeron, iso si, non desvelar as principais claves pola incidencia que un escándalo destas características poidera ter en procesos electorais, ou mesmo nas estruturas institucionais do Estado.

curtisteixeirofoto

Pasado o verán (pasadas unhas eleccións, pasadas outras eleccións…), os axentes Curtis e Teixeiro non queren esperar máis. Pensan incluso que os partidos propiciarán novos comicios de xeito constante, contando con que estes investigadores privados en ningún caso se atreverán, nestas circunstancias, a desvelar grandes secretos que afectarían á estabilidade política e social do país. Equivócanse.

Curtis e Teixeiro xa teñen datas e lugares concertados para as súas conferencias, para desvelar o resultado das súas investigacións na procura da verdade, son as seguintes:

As entradas para todas as conferencias están xa á venda en diferentes puntos de venda, físicos e a través de internet, e poden ser consultados na web www.curtiseteixeiro.gal

Federico Pérez e Xosé A. Touriñán interpretan aos axentes Curtis e Teixeiro. Dous dos cómicos máis coñecidos e populares do país afrontan este outono a segunda xira cun espectáculo que foi quen de encher ata en doce ocasións no pasado mes de xaneiro, nas súas visitas a Baiona, Lalín, A Coruña, A Illa de Arousa, O Barco de Valdeorras, Melide, Cedeira en Noia. Nestas últimas dúas localidades o éxito foi especialmente notable, con ata tres funcións consecutivas e os carteis de ‘entradas esgotadas’ colgados nos despachos de billetes desde semanas antes da función.

Os dous actores viven un momento especialmente dulce no relativo ás súas carreiras profesionais. Federico ven de estrear o espectáculo teatral Get Back, dirixido por Jorge Coira, acompañado de actores da talla de Tamara Canosa ou Alfonso Agra entre outros. Gravou ademais este verán novos capítulos da serie que protagoniza na Televisión de Galicia desde hai anos, Era Visto!, e prepara un novo monólogo en solitario para o próximo ano.

Touriñán, o cómico máis valorado e querido de Galicia na actualidade, ven de comezar unha nova temporada de Land Rober con excelentes datos de audiencia. Percorre o país co espectáculo teatral ‘Monólogo do Imbécil’, e prepara novos proxectos tanto para televisión como para teatro xunto co seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro.