Touriñán e Land Rober, de volta na TVG

Un dos programas máis seguidos da canle pública volve este mércores ás pantallas logo da parada polas vacacións do verán. Xosé A. Touriñán encabezará de novo o amplo equipo de colaboradores deste divertido espectáculo televisivo centrado no humor.

Touriñán en Land Rober

Volve, logo do verán, un dos programas máis queridos polos espectadores da Televisión de Galicia. Volve o humor en directo nun completo espectáculo televisivo que cada mércores é quen de reunir a milleiros de espectadores detrás da pequena pantalla. O Land Rober está de volta, e con el Xosé A. Touriñán, o seu colaborador máis aclamado.

O actor cullerdense é unha das caras visibles deste exitoso formato que compaxina actuacións musicais, entrevistas e sketches nun particular ton cómico que cada semana reune á audiencia da TVG diante das pantallas. Os camaleónicos papeis de Touriñán, entre os que destacou nas últimas temporadas o do multimillonario portugués Joao Simoes, son aclamados polo público que mesmo agarda semanas para poder vivir este espectáculo televisivo en directo desde o plató.

Touriñán compaxinará durante este outono o seu traballo en televisión coas representacións de dous espectáculos en vivo: o Monólogo do Imbécil (un texto teatral de José Prieto co que comezou a xirar a pasada primavera), e Curtis & Teixeiro, xunto con Federico Pérez, que logo de encher ata en doce localidades o pasado mes de xaneiro retoma a partir de mediados de outubro as súas funcións nas principais cidades do país.

 

Artigo anterior
Espectaculares datos de audiencia na despedida de Verbenalia
Artigo seguinte
Xosé A. Touriñán retoma este outono as funcións do ‘Monólogo do Imbécil’

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán e Land Rober, de volta na TVG