Vilalba e Noia súmanse á xira de Fariña

O espectáculo dirixido por Tito Asorey, que desde o pasado mes de outubro xira por toda Galicia, estará a próxima fin de semana no Auditorio Carmen Estévez e no Teatro Coliseo Noela, o venres 24 e o sábado 25, respectivamente.

O calendario de Fariña conta con dúas novas citas para este mes de xaneiro: Vilalba e Noia. Promovidas polas áreas de cultura dos Concellos lugués e coruñés, súmanse ás funcións que desde outubro representa por toda Galicia o equipo encargado de levar ás táboas a adaptación de José L. Prieto da obra de Nacho Carretero, con Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cris Iglesias no elenco.

Con sensacionais datos de espectadores e crítica, o espectáculo rematará a súa primeira xira o 1 de febreiro en Cangas, función para a que quedan aínda localidades á venda.

Fariña chegará a Vilalba o venres 24 de xaneiro, cunha función prevista para as 20.30 horas no Auditorio Carmen Estévez. As entradas, cun prezo de 18 €, poden mercarse a través de Ataquilla.com.

No caso da función de Noia a función terá lugra no Teatro Coliseo Noela, o sábado 25 de xaneiro ás 20.30 horas, coas entradas esgotadas desde poucas horas despois de que o Concello as sacara á venda.

Artigo anterior
Ben e Gus agardan ordes no Teatro Principal
Artigo seguinte
Carlos Blanco e Touriñán preparan a segunda xira de ‘Unha noite na praia’, de Javier Veiga

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Vilalba e Noia súmanse á xira de Fariña