Un percorrido polo ano que rematou

Remataron os días dun ano de quilómetros e quilómetros para levar bo humor por todo este país. De rodaxes e de montaxes. Días de oficina e de cafés nas reunións que viron nacer e medrar proxectos que xa viron a luz, e outros que a verán no ano que entra. Rematou o noso terceiro ano de vida.

Botemos a vista atrás por última vez para percorrer, un por un, os meses de 2017. Quedan moitas cousas, moitos recordos, e moitas experiencias. Moitas cousas das que aprendemos, moita xente á que coñecemos, e moitos lugares que visitamos…

No mes de xaneiro estivemos con Mucha e Nucha en Melide, nunha das súas últimas actuacións en directo. Comezaba o ano dos quince anos, dun aniversario que agardabamos desde hai tempo, e que quixemos aproveitar ao máximo. Estivemos con Víctor Grande en Allariz, e fixemos unha triple función con Manolo Lojo no Carballiño, antes de visitar Ponteareas. Mandamos a Sergio Pazos a FITUR, onde presentou a Cambados como Cidade Europea do Viño. Escoitamos a Touri falar de fútbol no En Xogo da TVG, e despedimos o Monólogo do Imbécil en Vigo e Vilagarcía.

En febreiro soubemos que Imposible sen ti, Federico Pérez e Nós eran algúns dos traballos nomeados para os Mestre Mateo. Estivemos con Fede en Vimianzo, Arteixo e na Ramallosa, con Touri en Tomiño, Mos, O Porriño, Pazos de Borbén, Bande e Lugo… Participamos da organización do evento de presentación dun novo modelo de Hyundai na Coruña, e contra o final do mes, organizamos con Tex45 unha festa infantil de entroido en Expocoruña, Choqueiriños.

Xa en marzo, logo de non ter demasiada sorte nos Mestre Mateo, comezamos a preparar o espectáculo dos quince anos de Os Dous de Sempre, titulado Agora en serio. Mandamos a Fede á festa do Momo, en Vilanova. Fomos con Rober Bodegas a Lugo, con Mucha e Nucha a Pías, con Fede a MazaricosMarcos Pereiro estreou o seu novo monólogo, Como ser Armario Empotrado. Con el estivemos na Illa, Ribadeo, A Coruña, Noia e Compostela. Asistimos ás derradeiras funcións de Amigos ata a morte, e fomos ata Vigo para ver perder ao Depor no derbi logo de organizar o dos artistiñas.

E en abril? Pois Mandamos a Zahera a Arcade, estivemos con Marcos en Cedeira, Redondela, Cuntis e A Peroxa. Con Pepo nunha cea de empresa na Coruña, e tamén en Cerceda. Levamos a Manolo Lojo a Burela, a Manquiña a Muros e como non, a Os Tristes a Castelo. E comezamos unha nova xira de Monólogos R con Sergio Pazos, Pepo Suevos, David Perdomo e Víctor Grande.

En maio fomos con Touri á Estrada, Compostela, San Clodio, Melide e Vila de Cruces. Estreamos Agora en serio en Noia, un espectáculo co que tamén estivemos no Carballiño, en Cangas, Pontevedra e Compostela. Seguimos coa xira de Monólogos R en Lalín, O Carballiño, Boiro e Carballo, e visitamos Arteixo e Allariz con Sergio Pazos, e Tomiño con Manquiña. Tamén a través de R levamos ao grupo infantil Mamá Cabra ao Barco de Valdeorras. E gravamos un anuncio! Para Deleite, por suposto con Touri.

No mes de xuño pechamos a primeira xira do espectáculo do aniversario de Touriñán e Marcos Pereiro na Coruña, nunha emocionantísima función dobre no Ágora. Antes visitamos Vigo e Vilagarcía. Marcos iniciou un novo espectáculo para a Xunta de Galicia relacionado co cooperativismo, e actuou en Foz, Porto do Son, Pontevedra, O Carballiño, Chantada e Vilanova. Co seu monólogo tamén o fixo en Coles. Con Mucha e Nucha fomos ata Dexo, e con Touri a Compostela, a diferentes actos de varias empresas… Rematamos o mes con Mamá Cabra, desta volta en Arteixo.

E polo medio tocou un pouco de audiovisual! Participamos na produción dun novo spot de ABANCA xunto con Tex45 Producións, sobre festas populares, gravando durante tres xornadas en Portomarín, Carballo e Culleredo.

Chegou o verán… En xullo estivemos con Isi en Meis e con Pepo en Sarria e Tomiño. Fomos con Touri a actuar a Riotorto, e con Mucha e Nucha ata Amiudal, en Avión.  No mes de agosto organizamos un espectáculo de monólogos polas Festa do Pemento de Arnoia no que estiveron Isi, Marcos Pereiro e Fede. Un día antes, Sergio Pazos deu o pregón. As Cantareiras de Ardebullo actuaron en San Lorenzo de Coles, e Touri e Fede fixeron o propio en Vilanova de Arousa. A Marcos Pereiro tocoulle o pregón da Festa da Troita en Sobrado, e con Touri fomos a Sada e Baiona.

E agosto foi o mes do Castelo Conta, unha marabillosa iniciativa de Touriñán e os seus veciños para levar á súa aldea, en Culleredo, aos mellores monologuistas do país, nunha andaina polos diferentes lugares da parroquia, que rematou cun espectáculo de monólogos no que máis de mil cincocentas persoas riron durante máis de tres horas.

Xa no mes de setembro estivemos con Mucha e Nucha en Reboredo, na que foi a súa última actuación do ano nunha verbena. Volvemos con Fede a Mazaricos, pero tamén a Abegondo e Ribadumia, e comezamos a derradeira xira de Agora en serio, con funcións en Burela, Ourense e Vimianzo.

No mes de outubro pechamos a xira do aniversario de Os Dous de Sempre en Verín e Ponteareas, e organizamos unha festaza coa orquestra La Oca en Ordes. E tamén fomos con Marcos e con Fede a actuar a Arzúa. E con Pepo a Cambados… E con Touri a Lira, Negreira e Ourense.

En novembro dedicámoslle moitas horas a Imposible sen ti, o anuncio de ABANCA con motivo do Deportivo – Celta. Comezamos unha nova xira de Monólogos R co espectáculo Dous homes e un vespino, con Touri e Pepo Suevos, en Vigo, Lugo e A Coruña.  Con Mamá Cabra fomos a Verín, Ribadeo e O Porriño, e con Touri estivemos nun evento de empresa na Coruña. Tamén fomos con Fede ata Barbadás.

E rematou o ano nun intenso mes de decembro no que fixemos outra función de Monólogos R en Pontevedra, fomos con Touri ata O Barqueiro e con Pepo e Marcos ata Silleda, visitamos Vimianzo e A Illa con Marcos Pereiro e con Víctor Grande Compostela, e rematamos a última fin de semana do ano con Mamá Cabra en Melide e o Carballiño, e con Carmen Méndez en Allariz.

E como non imos coincidir na reclamación de que a AP-9 debe ser de balde…

Fixeron posible este 2017 tan completo Cris, Carla, Carlos, Elisa, Pablo, Alejandro, Duarte, Kathe, Irene, Alma, Marta, Rubén, Andrés, Javi, Álvaro, e por suposto, todos os nosos clientes, proveedores, e todos os artistas cos que tivemos a sorte de traballar.

The show must go on!

Artigo anterior
Touriñán comezará 2018 cun dobre cheo na Coruña
Artigo seguinte
O noso 2018 ten esta pinta…

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Un percorrido polo ano que rematou