Touriñán tamén se anota nas Noites de Retranca

Estará en Vigo e Pontevedra, os días 24 de setembro e o 8 de outubro respectivamente. O cómico cullerdense era un dos poucos monologuistas que non participara aínda neste coñecido espectáculo, polo que pasaron os mellores humoristas do país nos últimos anos.

Manolo Lojo

Poucos escenarios non pisou aínda Manolo Lojo para contar a súa tráxica historia. Xosé A. Touriñán é o encargado de dar vida a un personaxe que ten feito rir a milleiros de persoas ao longo dos últimos dous anos.

O Auditorio Mar de Vigo e o Pazo da Cultura de Pontevedra son as próximas citas co cómico cullerdense, desta volta dentro do ciclo Noites de Retranca. Estará acompañado polo actor Luis Iglesia, non tan coñecido para os habituáis dos monólogos, pero un auténtico ídolo polos seus papeis como actor en diferentes ficcións na Televisión de Galicia.

Manolo Lojo é un home que só ten claro que quere suicidarse. Un argumento arredor do cal o protagonista conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.

As entradas para as dúas datas están xa á venda en Ataquilla.

Artigo anterior
Xosé A. Touriñán retoma este outono as funcións do ‘Monólogo do Imbécil’
Artigo seguinte
En Allariz hai unha festa cos Tristes!

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán tamén se anota nas Noites de Retranca