Touriñán, entrevistado no prime time da televisión portuguesa

O actor cullerdense chega hoxe a Lisboa para participar no programa de televisión 5 Para a Meia-Noite, un late show que se emite todos os martes á medianoite na RTP1, a principal canle da televisión do país veciño.

joaosimoes

Trátase dun programa no que cinco presentadores, un cada día da semana, reciben a varios invitados nun ambiente informal, e sempre co humor como telón de fondo. Rui Unas será o encargado de entrevistar ao cómico galego, e xuntos interacturán co público e comentarán as novas máis importantes da semana.

Éxitos

Touri viaxa a Portugal logo dunha fin de semana de moito traballo: o venres e o sábado estreaba en Narón o “Monólogo do Imbécil”, un novo espectáculo do artista co que chegará os próximos meses aos teatros de todo o país. É, así mesmo, unha das caras máis coñecidas da televisión galega actualmente, cos seus papeis semanais en Buscando Ardebullo e no Land Rober.

Artigo anterior
“Ten tanto talento que só ten que canalizalo”
Artigo seguinte
Fede e Pepo xuntos no Luar

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán, entrevistado no prime time da televisión portuguesa