Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos estrean webs

Ainé Producións lanza as novas páxinas dos catro artistas aos que representa en exclusiva, con ampla información sobre as súas biografías, as datas actualizadas de todos os seus espectáculos, novas e decenas de fotografías.

fede marcos

pepo tou

Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos teñen desde este mes de novembro un novo espazo na rede relacionado coas súas carreiras artísticas. Ainé Producións ven de lanzar as súas novas páxinas web, con contidos actualizados exclusivos de cada un dos actores, pensadas para a consulta tanto de seguidores e fans como de profesionais do audiovisual e o teatro.

Os novos portais inclúen fotografías exclusivas de cada un dos artistas, tanto actuais como de arquivo, que complementan aos diferentes apartados con información sobre os actores:

ACTUALIDADE
As webs de Touriñán, Marcos, Fede e Pepo recollen as noticias máis relevantes relacionadas con cada un deles, coa posibilidade de amplialas accedendo á web de Ainé.

DATAS
Por primeira vez, e dando resposta a unha constante petición de fans e seguidores dos artistas, cada web recolle a axenda dos artistas, o que permite coñecer os lugares e datas nos que actuarán.

REDES SOCIAIS
As webs recollen nun apartado específico os comentarios publicados en Twitter polos propios artistas, ou ben os chíos compartidos doutros usuarios. Tamén é posible acceder desde a web aos seus perfiles nas diferentes redes sociais.

BIOGRAFÍA E CURRÍCULO
Un amplo currículo permite coñecer a carreira profesional ao completo dos artistas de Ainé: todos os traballos nos que participaron ao longo da súa traxectoria, así como información variada sobre as súas cualidades como actores.

CONTACTO
Desde as webs é agora posible contactar con cada artista, cubrindo un breve formulario que se remite aos actores de xeito automático.

O lanzamento destas webs ven a reforzar o traballo de comunicación que nos últimos meses ven desenvolvendo Ainé Producións co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre os proxectos dos artistas da produtora.

touriñan.gal · fede.gal · marcospereiro.gal · peposuevos.gal

Artigo anterior
Os pormenores da vida de Manolo Lojo, en Santiago e Sanxenxo
Artigo seguinte
Touriñán grava en Portugal ‘Vidago Palace’

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos estrean webs