Touriñán inaugurará este sábado a I Feira Gastronómica do Porco en Silleda

O actor e humorista cullerdense será o encargado de presentar, este sábado ao mediodía, a primeira cita do ano cun dos grandes manxares en Galicia durante a época do inverno. O evento prolongarase durante dous días na localidade do Deza.

comision-touri

Silleda prepárase para acoller unha cita que quere quedar como fixa no calendario das festas gastronómicas en Galicia. A I Festa Gastronómica do Porco inaugúrase mañá cun convidado de excepción. Xosé A. Touriñán será o encargado de dar o pistoletazo de saída para o evento gastronómica, que durará ata o domingo.

Baixo o lema ‘Do porco cómese todo’, a organización ten previsto recibir a milleiros de persoas ao longo de toda a fin de semana nunha carpa habilitada para ocasión na que, ademais da actuación de Touriñán, non faltarán actuacións musicais a diferentes horas.

Na parte gastronómica, o recinto estará dividido en diferentes áreas nas que se poderán degustar, de xeito independente, todas as partes do porco, en racións a prezos populares tanto para xantar como para cear.

A presentación de Touriñán, que hai un par de semanas se reuniu cos organizadores para coñecer os detalles do evento, está prevista contra o mediodía.

Artigo anterior
Curtis & Teixeiro despediranse dos escenarios o 9 de decembro en Vigo
Artigo seguinte
Marcos Pereiro leva á rede o seu outro oficio

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán inaugurará este sábado a I Feira Gastronómica do Porco en Silleda