Touriñán, estrela convidada da primeira función de Malo será!

O novo programa da Televisión de Galicia que pretende levar as cámaras aos teatros, e os teatros ás pequenas pantallas, estréase este xoves no Teatro Afundación de Vigo. O actor e humorista Xosé Antonio Touriñán acompañará ao elenco que durante todo o verán percorrerá diferentes teatros da nosa xeografía.

Malo será! bótase ao teatro por primeira vez este xoves. Na primeira das sete funcións programadas para este verán en diferentes cidades e vilas galegas, onde un elenco formado por Federico Pérez, Marcos Pereiro ou Lucía Regueiro entre outros levará o universo televisivo ata detrás dos telóns, para devolver despois á pequena pantalla o resultado de noventa minutos cheos de humor sobre os escenarios.

No primeiro programa (este xoves ás 21.00 en Vigo -Teatro Afundación-), o elenco de Malo será! non poderá estar mellor acompañado: Xosé A. Touriñán, o humorista máis relevante do momento en Galicia, será un máis nun espectáculo no que protagonizará diferentes sketches xunto cos seus compañeiros e amigos.

As últimas entradas á venda están dispoñibles en Ataquilla, con prezos comprendidos entre os 8 e os 11 euros.

 

Artigo anterior
Marcos Pereiro e Federico Pérez, entre o teatro e a televisión con Malo será!
Artigo seguinte
Xosé Antonio Touriñán recibe o premio Orgullo Rural 2018

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán, estrela convidada da primeira función de Malo será!