Touriñán enche por dúas ocasións en As Pontes co Monólogo do Imbécil

O actor e humorista cullerdense interpreta nesta obra de José Luis Prieto a Santi, a quen todo lle sae mal. O espectáculo, producido pola compañía emedous, visitará outras cinco localidades galegas ata o próximo mes de xaneiro.

touriimbecil_2

O tirón dos espectáculos de Xosé A. Touriñán segue a ser incuestionable. O Concello de As Pontes tivo onte que xestionar unha función adicional do Monólogo do Imbécil polas longas ringleiras de persoas que se formaron para conseguir entradas para o espectáculo teatral, que se representou este martes no Cine Alovi. Ás poucas horas colgábase o cartel de ‘entradas esgotadas’ tamén para a segunda función.

O acontecido en As Pontes ven a consolidar o incontestable éxito que están a ter os espectáculos nos que Touriñán participa: tamén con Curtis e Teixeiro (xunto con Federico Pérez) e con Manolo Lojo (o seu monólogo en solitario) foi quen de encher nas funcións programadas nas últimas semanas.

Co Monólogo do Imbécil, Touriñán visitará Boiro, A Coruña, Vimianzo, Vigo e Vilagarcía ata que, a finais do próximo mes de xaneiro, peche a xira que o ten levado por máis de dez localidades do país.

As próximas oportunidades para gozar co humor de Touriñán en directo serán, non obstante, co espectáculo Curtis e Teixeiro, que representará este venres en Vimianzo, o sábado en Compostela, o venres 11 de novembro en Vilagarcía de Arousa, e o sábado 12 en Burela. Toda a información sobre puntos de venda pódese consultar na web www.curtiseteixeiro.gal

Artigo anterior
Touriñán e Federico Pérez retoman esta fin de semana a xira de Curtis & Teixeiro
Artigo seguinte
‘Imposible sen ti’, marca da concordia

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán enche por dúas ocasións en As Pontes co Monólogo do Imbécil