Touriñán e Marcos Pereiro volverán xuntos á Televisión de Galicia polo Nadal

A produtora dos actores cullerdenses comezou esta semana a gravación dun programa especial que a Televisión de Galicia emitirá polas festas. Touriñán e algúns membros do equipo do programa compartiron nas redes sociais fotografías que avanzan algúns dos contidos do especial.

especial nadal
Foto: Carlos Ares

A piques de cumprir quince anos xuntos como actores e humoristas, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán traballan neste último mes de ano nun novo programa para a Televisión de Galicia, que ten prevista a súa emisión durante o Nadal.

Os populares actores, xunto co resto do equipo (que compoñen entre outros os guionistas e directores Carlos Ares, Xosé Castro ‘Pato’ e Andrés Mahía), gravaron estes días en Vilalba, desde onde publicaron diferentes fotografías na rede social Instagram que suxiren algúns dos contidos dos que constará o programa.

O equipo de Ainé forma parte tamén da ampla nómina de profesionais que traballan neste especial, desenvolvendo as tarefas de produción.

Artigo anterior
Marcos Pereiro leva á rede o seu outro oficio
Artigo seguinte
El Club de la Comedia recibe este martes a Xosé Antonio Touriñán

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán e Marcos Pereiro volverán xuntos á Televisión de Galicia polo Nadal